000 03452nam a2200253 i 4500
008 151119s2012 sp g spa
017 _aPO 326-2012
020 _a9788498713909
080 1 _a82-N
100 _aDarabuc (
_915801
245 0 _aA partes iguais
_c/ Darabuc ; ilustraciones de Lina Zutautè
250 _a1ª ed
260 _aPontevedra
_b:OQO
_c,2012
300 _a[18] h.
_b:il.
_c;24cm
490 0 _aO
500 _aGonzalo García, Darabuc, decidiu recuperar e facer unha versión deste conto popular, un dos seus favoritos de neno, ao consideralo adecuado e “valioso” ante o momento socioeconómico actual: “permite reflexionar sobre as relacións de desigualdade entre os individuos na sociedade e desta cos seus gobernantes”. Non obstante, a teor dos novos tempos, interpretou que era necesario reescribir certos aspectos, como a incorporación de personaxes femininos, xa que nas diferentes versións populares —entre as que se atopa Los asociados de Bravo-Villasante— todos os protagonistas eran homes. Do mesmo xeito, fronte aos personaxes anónimos do relato tradicional, Darabuc apostou por traballar con nomes propios e decidiu chamalos segundo as súas características físicas. O motivo: facilitar a comprensión narrativa nun relato que introduce moitos personaxes (os cinco protagonistas, o rei e varios secundarios). En calquera caso, a achega máis significativa da versión de Darabuc é que converte A partes iguais nunha alegación a favor dun sistema social e político baseado en relacións entre iguais. Ao longo de toda a historia subxace a proclama de “liberdade, igualdade e fraternidade” que estivo detrás das conquistas políticas e sociais conseguidas na Revolución Francesa. Neste sentido, o escritor alértanos dun modelo de relacións asentado en todo o contrario. Así, pon como exemplo un grupo de nenos no patio do colexio: “reúnense e organízanse eles sós, pero en contra da bondade natural do neno, a miúdo crean xerarquías desiguais onde é fácil que haxa infelicidade”, lamenta. Por este motivo, o relato desenvolve con coidado a negociación previa das condicións (Imos todos a partes iguais) para que non se cree unha estrutura piramidal, na que as bases traballan e a cúspide se beneficia. Darabuc non nega que na versión busque intencionadamente unha lectura paralela coa conxuntura económica actual, “completamente dominada polas xerarquías”, reproba. Por iso, este conto ofrece unha repartición xusta de obrigas-traballo e de compensacións (A partes iguais, cruzaremos xuntos a terra e os mares). Este modelo ten recompensas para o individuo e para a sociedade no seu conxunto. Así, en A partes iguais os nosos cinco aventureiros non só acaban conseguindo o seu obxectivo, senón que logran instaurar un sistema máis xusto e democrático, no que se restaura a función de gobernar desde o pobo e para o pobo. “Esta actitude é útil sempre, pero arestora, ante o malestar social xeneralizado, semella aínda máis importante. E é algo que non pode transmitir unha materia en valores, senón historias que ao falar do tema nos emocionen, nos fagan pensar e nos movan”, afirma Darabuc
505 _aNarrativa
650 _aRelacións sociais. Vida en sociedade
_96725
650 _aXustiza
_96602
700 _aLiván, Paco
_95252
700 _aZutaute, Lina
_96603
997 _e2